Aquae Celenae

Aquae Celenae

ou Aquis Celenis Quinta mansión da vía romana número XIX, que conectaba Bracara (Braga) con Lucus (Lugo) polo interior, a vinte e tres millas (milia passvvm) da anterior mansión, Turoqua. Pertencía ao Convento Xurídico Lucense. Hai autores que dubidan, no relativo á súa localización, entre Cuntis, Caldas e mesmo Camiña; sen embargo, Tranoy sitúaa en Caldas de Reis, onde se atoparon abundantes restos romanos: aras, lousas sepulcrais, construcións e estruturas termais.

Palabras veciñas

Āqā Jārī | Aqsu | Aquae Calidae | Aquae Celenae | Aquae Flaviae | Aquae Laae | Aquae Quintiae