Aquae Laae

Aquae Laae

Poboación situada no Convento Xurídico Bracarense e capital, segundo Ptolomeo, do populus prerromano dos turodoros. A localización aproximada na actualidade estaría nas proximidades de Barbantes, ao sur de Chaves; Barros Silvelo situáraa preto de Freixo de Numão e Leite de Vasconcelos na área inmediata de Aqua Flaviae (Chaves).