Aragón, condado de
Aragón, condado de
Territorio pirenaico independente xurdido no s IX nos vales de Hecho e de Canfranc. Gobernado pola familia dos Aznar, que loitaron por se manter independentes dos Reis de Navarra, logo do casamento de Andregoto I, filla de Galindo III, con García III de Navarra, quedou unido ao Reino de Navarra durante máis dun século, aínda que seguiu a ter unha personalidade política propia e un bispo propio para o condado. Á morte de Sancho III de Navarra (1035), Aragón obtivo a independencia como Reino de Aragón.