Arana Pérez, Ramón de
Musicólogo e crítico musical. Foi profesor de Xeometría, Aritmética, Álxebra, Mecánica e máquinas de vapor na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Froito da súa investigación musicolóxica, da que foi precusor, publicou xunto con Varela Lorenzo unha Monografía sobre música patriótica española (1901), colaborou con Casto Sampedro en Los trabajos del folclore musical gallego e publicou Sobre un himno gallego: algunas consideraciones. Resultado da súa investigación arqueolóxica musical son Solo de gaita (1911) e Solo de gaita Coda (1911), acompañados de gravados e publicados no Boletín da Real Academia Galega, e a Colección de cantos populares gallegos. Outras achegas súas son: Música popular ferrolana e Romerías ferrolanas. Foi crítico musical e redactor de El Correo Gallego (Ferrol), no que asinou co pseudónimo de Pizzicato, e colaborador de revistas como Almanaque de Ferrol, El Clamor Público, Diario republicano, Ferrol y su comarca ou Galicia. Ciencias, Literatura, Artes. Participou activamente na vida cultural de Ferrol, sendo socio fundador (1903) do Ateneo ferrolán, directivo do Casino ferrolán e secretario da Escola de Artes e Oficios. O seu labor investigador foi premiado en diferentes ocasións.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso