Aranda Ezquerra, Vicente
Aranda Ezquerra, Vicente
Realizador cinematográfico. Foi un dos creadores na década dos sesenta da Escola de Barcelona. A súa primeira película foi Brillante Porvenir (1959). É coñecido polas súas adaptacións de obras literarias: Fata Morgana (1965), La muchacha de las bragas de oro (1980), Tiempo de silencio (1986), Si te dicen que caí (1989) e Amantes (1990, premios Goya e Sant Jordi), La pasión turca (1994), adaptación da obra de Antonio Gala. Tamén dirixiu El Lute, camina o revienta (1987), baseado no relato autobiográfico do delincuente Eleuterio Sánchez e premio internacional do Festival de Donostia, El amante bilingüe (1993), Libertarias (1996), La mirada del otro (1997) e Celos (1999). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Falecemento
Lugar : Madrid