arandeira

arandeira

(< arando)

s f [PLANTA]

Arbusto caducifolio do xénero Vaccinium, da familia das ericáceas, de follas ovaladas e alternas, flores rosas ou brancas en forma de campá e froito en baia arredondada. En Galicia pódense atopar dúas especies de arandeira: V. myrtillus, de follas aserradas, pólas angulosas e verdes, e froito comestible de coloración negra violácea (o arando), propia de uceiras e bosques; V. uliginosum, de follas sen dentar, pólas arredondadas e marróns e froito tóxico de coloración negra azulada, propia de matogueiras e pastos de montaña.