arando
arando
(< lat rotundellu)
-
s
m
[BOT]
Froito da arandeira (Vaccinium myrtillus). É unha baia arredondada, de cor negra violácea e comestible. Nalgúns lugares de Galicia emprégase como medicamento contra a diabete, algunhas infeccións e outros males.
-
s
m
[ALIM]
Froito de sabor agridoce que se consome cru, con azucre, estufado, en sopas, en marmelada ou como ingrediente nas tortas; é un acompañamento tradicional na cociña da caza. Existe o arando vermello de sabor moi acedo que non se come cru e que se emprega na elaboración de tortas, licores e xeleas.