aranés -sa
(< topónimo Val de Arán)
-
adx
Relativo ou pertencente ao Val de Arán, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante do Val de Arán.
-
s
m
[LING]
ariante da lingua occitana falada no Val de Arán. O aranés é unha variedade do gascón comenxés, caracterizada por unha evolución lingüística condicionada pola separación política do resto do occitano. Comparte co conxunto do gascón os trazos de evolución fonética máis característicos, co comenxés veciño, afástase do conxunto gascón e achégase ao catalán. A influencia do francés faise sentir moito menos en aranés ca nas falas gasconas veciñas; en contrapartida, descóbrese facilmente a interferencia do catalán e do castelán en diversos aspectos da súa configuración lingüística. Nos últimos anos, a innovación léxica e sintáctica faise sobre todo calcando formas do castelán. Aproximadamente un 80% dos residentes no Val fala aranés (1984). Empréganse as normas ortográficas publicadas (1982) e oficializadas (1983) pola Generalitat de Catalunya; estas normas seguen as indicacións do Instituto de Estudios Occitanos para a escritura do gascón. O aranés apréndese regularmente na escola desde o curso 1984-1985. En 1985 estableceuse un Centro de Normalización Lingüística dedicado á difusión do uso do aranés. En 1994 aprobouse o regulamento para o uso oficial do aranés e en 1995 creouse a Xunta Permanente do Aranés.
-
literatura aranesa
[LIT]
Literatura en aranés do Val de Arán. Lingüisticamente a comarca é occitana, pero utilízase como lingua escrita, desde a Idade Media, un catalán occitanizado, ata a xeneralización do castelán. O seu afastamento cultural de Gascuña culmina no 1805 co traspaso da xurisdición eclesiástica do val do bispado de Comenges ao de Urgell. Foi o clero quen comezou, nos primeiros anos do s XX, un movemento de revalorización da lingua local. De Josep Condó é o poema aranés máis coñecido “Era Val d’Arán”, premiado nos Xogos Florais de Lleida de 1912.
-
raza aranesa
Raza bovina do Val de Arán, de perfil convexo, pelame rubio e de pouca alzada.