Aranga, romaría de

Aranga, romaría de

Romaría que se celebra o 3 de maio no lugar de San Paio de Aranga. Trátase dunha exaltación das calidades dunha fonte que está situada a carón da igrexa onde supostamente apareceu unha cruz do s XI ou XII. Ata alí achéganse os romeiros para beber e recoller as augas para purificar o seu gando e as súas leiras.

Palabras veciñas

Aranga | Aranga | Aranga, ponte | Aranga, romaría de | arangaño -ña | Arangaño, penedo de | Arangio-Ruiz, Vicenzo