Aranjuez, Motín de
Aranjuez, Motín de
[HIST]
Insurrección que tivo lugar en Aranjuez na noite do 17 ao 18 de marzo de 1808. O exército francés pactara o seu paso por España para atacar Portugal e, despois de ocupar o país veciño, dirixiuse cara a Madrid como primeiro paso para a ocupación de España. A Corte trasladouse a Aranjuez e Godoy conseguiu convencer o Rei Carlos IV de que fuxira a América. Esta decisión foi aproveitada polos nobres partidarios do infante Fernando para destituír e presionar a Godoy e facer abdicar a Carlos IV (19 de marzo) no seu fillo, Fernando VII.