araño

araño

(< arañar)

  1. Parroquia do concello de Rianxo baixo a advocación de santa Eulalia.

  2. s m

    Ferida lixeira feita na pel coas unllas, cun alfinete ou con calquera outro obxecto semellante.

    Ex: Fíxenme un araño que me quedou marcado na faciana.

  3. s m

    Lucro ou riqueza obtida por métodos ilegais.

    Ex: O araño desa familia sae todo do mesmo contrabando.

Frases feitas

  • Andar ao araño/Ir ao araño. Tentar aproveitarse dunha situación. Ex: Non podes fiarte deles, sempre van ao araño por pouco que sexa.