arauaco -ca
arauaco -ca
-
adx
Relativo ou pertencente aos arauacos ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do grupo de pobos de lingua arauaca, amplamente distribuídos por América do Sur e as Grandes Antillas. Son considerados orixinarios das vertentes do Orinoco e do río Negro. De economía agrícola, elaboran cerámica de cores con decoracións antropomórficas, zoomórficas e xeométricas. Organízanse socialmente en poboados, dirixidos por cabezas territoriais.
-
s
m
[LING]
Familia de linguas das Antillas e de América do Sur. As diversas falas esténdense polo sur de Florida, a Güiana, o Alto Orinoco, a conca norte do Amazonas (onde se constitúe o grupo máis compacto e probablemente orixinario), altos vales do Purus e do Madeira (Amazonas), norte de Paraguai e ribeiras do lago Titicaca ( uru).