Araucana, La

Araucana, La

Poema épico composto por Alonso de Ercilla. Dividido en tres partes (1569, 1578 e 1589), está composto por 37 cantos e escrito en octavas reais. Nel cántanse a valentía, a forza, a destreza física e o ideal de independencia dos indíxenas araucanos nos seus enfrontamentos cos españois. Aparecen personaxes como Caupolicán, toqui ou xefe máximo, Lautaro, segundo guía, e Tucapel e Galvarino, axudantes destes. Todos eles posúen o tratamento de heroes, ao contrario dos españois que non alcanzan ese nivel. Para lograr todos os seus obxectivos, o autor axúdase de comparacións ao xeito clásico (Ilíada), e imitacións de procedementos descritivos antes empregados por Virxilio e Ariosto. Esta composición foi incorporada por diversos cronistas á historia de Chile a partir do s XVII. Na terceira parte reprodúcese un soneto composto pola condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade, unha das poucas obras en galego dos Séculos Escuros.

Palabras veciñas

arauaco -ca | Arauca | Arauca | Araucana, La | Araucanía, A | araucano -na | araucaria