araucano -na

araucano -na

(< topónimo Araucanía)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos araucanos ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo pertencente ao grupo de pobos de lingua araucana que habitan no centro de Chile, entre os 30° e os 43° de latitude sur. A poboación actual é duns 250.000 individuos. Distínguese entre araucanos setentrionais e meridionais. Tamén hai araucanos na Arxentina, desde a serra andina ata o río Salado. A ocupación española do territorio araucano principiouna no 1541 Pedro de Valdivia, pero non foi totalmente sometido ata 1881. A súa economía baséase na agricultura. Ademais, practican a recolleita de vexetais, a pesca e a caza. As industrias traballan a cerámica, a metalurxia, a madeira, a pedra, o fiado e os tecidos. A familia, dirixida polo pai, é a unidade social básica.

  3. s m [LING]

    Lingua falada por unhas 250.000 persoas en Chile polos contornos de Valdivia e Concepción e por unhas 10.000 persoas na Arxentina, sobre todo na rexión de Neuquén. Esta lingua recibe a miúdo o nome de mapuche. Presenta como características unha forte influencia do quechua no vocabulario; na morfoloxía, a existencia do número dual; sintacticamente, a posición do suxeito no final da frase e a posposición do adxectivo ao nome.

Palabras veciñas

Arauca | Araucana, La | Araucanía, A | araucano -na | araucaria | araucariáceo | arauco