arauco

arauco

(< topónimo Araucaría)

s m [LING]

Familia lingüística destacada dentro do grupo andino-ecuatorial, que inclúe un gran número de linguas cunha ampla distribución: atravesa o norte de Sudamérica desde a Güiana Francesa ata Colombia e cara ao sur vai máis alá do Paraguai. Antigamente, as linguas araucas tamén se falaban en Centroamérica e nas illas do Caribe.