Arce Temes, Álvaro de
Xornalista e militar. Estudiou na Escola de Estudios Mercantís da Coruña e Periodismo en Madrid. En 1964 ingresou no Corpo de Intervención da Defensa e, en 1996, pasou á reserva activa. Foi colaborador dos xornais El Progreso (1955) e El Pueblo Gallego; en Madrid, de El Alcázar e ABC, amais das revistas Blanco y Negro (1973) e Gaceta ilustrada (1975). Traballou dende 1967 nos servicios informativos de TVE, onde foi editor do programa semanal “Crónicas de Siete Días”, subdirector de “Siete Días”, director do programa “Tribuna Internacional” e colaborador en telexornais. Membro da Misión Técnica da CEE en Paraguai e investigador do Instituto Español de Estudios Estratégicos do Ministerio de Defensa. Publicou, entre outros titulos, Organismos internacionales (1975) e La Doctrina de Paz en Naciones Unidas (1995), e foi coordinador do libro Galicia desde el aire (1985).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense