Arce Temes, Enrique de
Xornalista e músico. Dende 1959 ata 1966 dedicouse profesionalmente á música jazz como intérprete de batería e guitarra na Alemaña, acompañando en ocasións a músicos de renome como Ella Fitzgerald, Dizy Gillespie, Don Byas e Dexter Gordon, entre outros. Foi correspondente en Madrid do diario El Progreso e na Coruña dos diarios ABC, Ya, La Gaceta del Norte, foi redactor dos xornais Semanario Deportivo Riazor e La Voz de Galicia; traballou en El Ideal Gallego como reporteiro gráfico e a partir do 1981, pasou a ser director. En 1985 exerceu como xefe de redacción de Informativos da TVG, dirixindo asemade o programa “Outra Xeira”. En 1988 ocupou o cargo de xefe rexional de Prensa do PP e, na súa volta á TVG, foi escollido como director do departamento de Programación e Emisións ata que, no ano 1994 pasou a ser xefe do Servicio de Prensa da CRTVG. Dirixe dende 1987 a revista Furada. Editou un disco de música popular española na Norddeutscher Rundfunk. Participa activamente en distintos foros e institucións na Coruña, tales como a Asociación da Prensa e a Sociedade de Montaña Ártabros.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense