Arcebispo Juan de San Clemente, Premio Literario
Convocado pola Consellería de Educación, o Concello de Santiago de Compostela, o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro e a empresa Cubiertas MZOV dende o ano 1995, o xurado está formado por estudiantes de COU nas tres modalidades do premio: lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira traducida ao castelán. Na primeira edición recibiron o premio Tic-Tac, de Suso de Toro, Lituma en los Andes, de Mario Vargas Llosa e A la sombra del granado, de Tariq Ali. Na segunda edición (1996), resultaron gañadores Xurxo Borrazás por Criminal, Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mi e Jostein Gaarder por El mundo de Sofía. Na terceira edición (1997), Ruído, de Miguel Anxo Murado e Unha noite con Carla, de Aníbal Malvar, compartiron o premio no apartado de lingua galega, Los héroes de la fortuna, de Antonio Soler e Antonio Tabuci por Sostiene Pereira. Na cuarta edición (1998), os gañadores foron Gonzalo Navaza por Erros e Tánatos, Jaime Bayly por Los últimos días en la Prensa e José Saramago por Ensayo sobre la ceguera. Na V edición (1999), os galardoados foron Manolo Rivas por O lapis do carpinteiro, Carmen Matín Gaite por Irse de casa e Alexandro Barico por Tierra de cristal.