Arcos, ponte de
Arcos, ponte de
Ponte situada sobre o río Farelos (tamén coñecido co nome de San Xián) na parroquia de Arcos, no concello de Vilamartín de Valdeorras. Trátase dunha ponte, cun van de mampostería de xisto do que só queda o arranque do arco. Forma parte do antigo camiño que unía Trives co Barco de Valdeorras.