Arcos Moldes, Xosé
Político e perito mercantil. Na Coruña entrou en contacto cos círculos republicanos e foi presidente da agrupación da Xuventude Republicana. En Barcelona seguiu co seu activismo político da man, sobre todo, dos famosos Coros Clavé. Á volta fundou Beetón, primeira sociedade recreativa e cultural de Rianxo, o semanario El Censor e La Defensa de Galicia. Por encargo de Castelao dirixiu o novo semanario El Barbero Municipal, no que colaboraron Rey Baltar, Dieste, Correa e Rañó. De seguido, fundou Justicia, portavoz de Acción Gallega, agrarista e maurista. En 1901 creou a primeira experiencia societaria de Rianxo, a Asociación Mariñeiros e Produtores en Xeral. En 1906, cando o bando conservador da asociación se orientou cara a posicións xermanófilas, creou a Sociedad Unión Pinera, que se transformou na Nova Pinera Marítima, predecesora da Sociedade Agraria Acción de 1918, que chegou a contar cun sindicato agrícola. Despois organizou a Sociedade Unión Obreira de Oficios Varios que tentou, coa axuda dos emigrados e coa oposición caciquil, erguer a Casa do Pobo. A súa actividade cultural foi intensa en Rianxo a prol da xuventude, organizando proxectos creativos variados: sociedades culturais (como Pro-Cultura de 1914-1915 da que foi secretario Castelao), comparsas, grupos corais e obras teatrais.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Outeda, Boiro -
Deceso
Lugar : Rianxo