Ardrey, Robert

Ardrey, Robert

Divulgador científico, novelista, dramaturgo e guionista cinematográfico. Nos anos trinta participou en movementos sociais que o levaron a reflexionar sobre as relacións raciais en EE UU, reflectidas na súa obra Jeb (1946); así mesmo, comezou a traballar como guionista en Hollywood en 1938. Entre as súas obras como guionista cómpre salientar The four horsemen of the Apocalipse (Os catro xinetes do apocalipse, 1961) e Khartoum (1966). Gracias aos seus estudios científicos axiña principiou a súa tarefa de difusión da etoloxía, polo que se inclúe no grupo de “etólogos populares” xunto con Morris, Fox, etc. Entre as súas obras cómpre destacar African genesis (Xénese africana, 1961), The territorial imperative (Imperativo territorial, 1967), The social contract (O contrato social, 1970) e The hunting hypothesis (A hipótese do cazador, 1976), nas que expuso a súa polémica teoría de que o home é de xeito innato unha criatura agresiva guiada polo desexo de protexer a súa propiedade e manterse por riba dos demais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chicago

  • Deceso

    Lugar : Kalk Bay, República Sudafricana