areeiro -ra

areeiro -ra

(< area)

  1. adx

    Relativo á area.

  2. s

    Persoa que extrae, comercia ou traballa con area.

  3. s m

    Depósito de area que levan as locomotoras ou tranvías.

  4. s f
    1. Extensión dun terreo cheo de area.

      Confrontacións: areallo.
    2. Terreo chairo á beira do mar ou dun río.

      Sinónimos: area, praia.
  5. s m [ANIMAL]

    camarón.

  6. s m [TECNOL]

    Nas antigas máquinas de papel, dispositivo en forma de canle onde, ao pasar lentamente a pasta líquida, se depositan a area e outras impurezas densas que contén a pasta. Substituíuse por centrifugadoras.