Argozón, San Vicente de
Argozón, San Vicente de
Igrexa románica de Chantada construída no primeiro cuarto do s XIII. Consérvanse partes da portada occidental, dos muros laterais da nave e da ábsida, así como algunhas pezas gardadas na casa rectoral. O máis interesante é o remate da portada, cun arco de medio punto moi peraltado, tendente ao peche en ferradura; así mesmo, salienta na ábsida unha fiestra sostida por columnas con capiteis adornados con cabezas humanas e paxaros de longo pescozo.