Argyll, ducado de
Argyll, ducado de
Título concedido en Escocia no 1701 a lord Archibald Campbell, décimo conde de Argyll. O condado fora creado no 1475 para Colin Campbell, lord Grande Chanceler de Escocia. Os condes de Argyll exerceron durante xeracións o cargo de Xustiza do Reino de Escocia ata que o oitavo conde dooullo ao Rei Carlos I de Inglaterra. Despois da execución deste Rei, coroaron ao seu fillo Carlos II (1650). Os duques de Argyll conservan o cargo herdado de Master da casa do Rei en Escocia.