Argynnis

Argynnis
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de bolboretas diurnas da familia dos ninfálidos, moi vistosas, que se caracterizan por ter, na parte inferior das ás, unhas manchas nacaradas, de tons claros; pero na parte superior son de tons máis escuros, con manchas e raias negras e avermelladas. Hai moitas especies europeas, e outras, de medidas máis grandes, son americanas e asiáticas. En Galicia pódese atopar a especie A. paphia, de 6 cm de envergadura e con tres fileiras de puntos negros no bordo das ás.