Arianitides
Arianitides
ou Arianités (? s XV) Señor feudal e militar albanés. Tomou parte nunha rebelión xeral contra os turcos. Enviou diversos emisarios a Afonso IV de Aragón, con quen finalmente (1451) pactou vasalaxe, e cedeulle parte do señorío directo sobre Albania a cambio da súa axuda. En 1456 abandonou a protección aragonesa pola veneciana.