Arias Curto, Antom

Arias Curto, Antom

Xefe militar do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), organización terrorista que estivo operativa entre 1985 e 1989. Iniciou a súa actividade política en 1962 no seo do Partido Comunista de España (PCE), do que foi membro do Comité Central, na emigración (Suíza). Malia esta vinculación co PCE, en 1976 pasou a militar na Unión do Pobo Galego (UPG), organización da que se excluíu para ingresar no Partido Galego do Proletariado (PGP) e participar na construción do grupo armado Loita Armada Revolucionaria (LAR), motivo polo que estivo preso dende 1980 ata 1983. Dende 1985 ocupouse da organización política de Galiza Ceive-Organización para a Liberación Nacional (GC-OLN). En 1985 puxo en marcha as Bases Operativas do EGPGC. En 1988 foi detido en relación con estes feitos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Monforte de Lemos