Arias Moreira, Xosé Carlos
Doutor en Economía pola Universidade de Santiago e catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Ademais ocupou os cargos de vicedecano e director do departamento de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Completou a súa formación académica no Instituto Universitario Europeo de Florencia en calidade de profesor visitante e, como investigador invitado, en The Office of Chief Economist, dependente do Banco Interamericano de Desenvolvemento (Washington DC). Colabora con varias revistas especializadas, entre outras: Revista de Economía Aplicada, Cuadernos de Economía, Economistas e Revista de Economía de la Universidad del Yucatán, e no xornal El País. Leva publicados os seguintes libros: Los sistemas de crédito especial en Europa (1985), La banca oficial en España (1986), Leviatán tras el naufragio. Políticas económicas y financieras en los años treinta (1992) e La formación de la política económica (1996).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo