Arias-Salgado y Montalvo, Rafael
Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. En 1965 ingresou na carreira diplomática, chegando a desempeñar diferentes postos no ministerio de Asuntos Exteriores. Foi un dos fundadores da Unión de Centro Democrático (UCD), partido do que sería secretario xeral (1978-1980); así mesmo, foi xefe do gabinete político de Adolfo Suárez (1989-1992). En 1993 ingresou no Partido Popular (PP). Foi deputado no Congreso na primeira lexislatura democrática, pola UCD. Representando ao Centro Democrático y Social (CDS) foi deputado na cuarta lexislatura; na quinta e sexta lexislatura ocupou o escano de deputado estatal polo PP. Foi ministro da Presidencia e de Administración Territorial (1979-1982) no goberno de Adolfo Suárez e ministro de Fomento (5.5.1996) no goberno de Aznar. Foi editorialista de Cuadernos para el diálogo (1964-1976) e de El País (1975-1976).
Cronoloxía
-
Nacemento