Aribau, Bonaventura Carles
Aribau, Bonaventura Carles
Escritor, economista e político liberal. No 1820 participou na Revolución Liberal e durante o Trienio Constitucional ingresou na Academia de Bones Lletres de Barcelona. Foi un dos fundadores de El Europeo. Trasladouse a Madrid en 1826 onde desempeñou diferentes cargos económicos. Divulgou as ideas estéticas de Schiller e principiou o Romanticismo literario en lingua catalá e o movemento da Renaixença catalá co poema “La Pàtria” (1833). A súa obra escrita comprende poemas, traballos de crítica literaria e investigacións de historia económica. Fundou e dirixiu a Biblioteca de Autores Españoles e a Sociedade Filosófica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso