Ariete
Ariete
[PUBLIC]
Xornal humorístico-satírico de tendencia monárquica que aparece a mediados de 1931, e que deixou de editarse a comezos de 1932. Foi dirixido por Aniceto Fanego Fraga e contaba coas colaboracións de Luís Bouza, Xesús Enríquez e Ramón Graña. Entre os seus contidos, incluía artigos de crítica contra o concello e contra persoas de ideoloxía contraria á do xornal.