Ario

Ario

Presbítero de Alexandría, iniciador do Arianismo. Adherido ao cisma de Meleci, foi, con todo, ordenado no 313. Destacou como predicador e asceta. Desde o 315 comezou a propagar a súa doutrina sobre a Trindade con homilías e o tratado Thaleia. Foi excomungado no 318 polo seu bispo Alexandre e exiliouse en Palestina e Nicomedia. Condenada a súa doutrina polo concilio de Nicea (325), estivo exiliado na Iliria, para retornar no 334, e ao non ser admitido na súa comunidade alexandrina, trasladouse a Constantinopla, onde morreu.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Líbano