Ariosto, Ludovico

Ariosto, Ludovico

Poeta italiano. A base da súa poesía foron os afectos expresados con indiferenza aparente e forza irónica. A obra capital de Ariosto, e quizais de todo o Renacemento italiano, é o Orlando furioso, poema épico rematado ao redor do 1514. Despois da primeira edición, publicada no 1516, Ariosto seguiu a traballar nela, retocando a lingua e o estilo para acomodalos á lingua toscana propugnada por Bembo. A súa obra poética comprende tamén Carmina, algunhas poesías petrarquistas en lingua vulgar e sete sátiras escritas entre 1517 e 1527, e publicadas postumamente, nas que se entrega a reflexións morais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Reggio Emilia

  • Deceso

    Lugar : Ferrara