arisco -ca

arisco -ca
  1. adx

    Animal ou persoa que se amosa esquivo e irritable ou que ten dificultades para relacionarse con outros.

    Ex: A vaca púxose arisca e agora non hai quen a tranquilice.

    Sinónimos: desagradable. Antónimos: agradable, amable, afable, sociable.
  2. adx

    Que se mostra intratable na súa forma de ser ou de comportarse (actitude, mirada, etc).

    Ex: Uxía é moi arisca cando está con outros nenos.

    Sinónimos: insociable. Antónimos: agradable, amable, afable.