Aristágoras

Aristágoras

Tirano de Mileto. Coa axuda de Artafernes puxo cerco a Náxos para derrocar a oligarquía. Para impedir o castigo do Emperador debido ao fracaso do proxecto (499 a C), sublevou as colonias xonias contra os persas e fixo prisioneiros os tiranos filopersas que as gobernaban. Obtivo axuda de Atenas e de Eritrea. A revolta foi sufocada polos persas e Aristágoras vencido na Batalla de Lada (495?).