Ariwara-no-Narihira
Ariwara-no-Narihira
Poeta xaponés. Nobre cortesán, prototipo de elegancia e de galantería. A tradición atribuíulle a autoría do relato de aventuras amorosas Ise monogatari (Contos de Ise). É autor de poemas, recollidos principalmente en Kokin-Nakashū (905), que destacan pola súa emotividade, imaxinación e dominio da técnica.