Arjuna
Arjuna
Terceiro dos cinco príncipes Pāndava e un dos personaxes principais da epopea hindú, o Mahābhārata. Segundo a lenda, era fillo do deus Indra e de Kuntī, muller de Pān ḋ u, e foi un hábil guerreiro. Durante o exilio dos Pāndava no Himalaia o deus concedeulle armas divinas para loitar contra os Kauravas. Na batalla de Kuruleshetra foi axudado por Krishna, que lle deu a doutrina contida no Bhagavadgītā.