Arlanza
Arlanza
Río de Castela, na conca do Douro. Afluente pola esquerda do Arlanzón, no que desemboca logo dun percorrido de 159 km. Nace na serra de Neila, no Sistema Ibérico, na fronteira entre Castela e León e La Rioja. Flúe en dirección L-O, pasa por Lerma e recibe o Cubillo pola dereita.