Armada Teixeiro, Ramón

Armada Teixeiro, Ramón

Dramaturgo. En 1885 creou a publicación mensual A Gaita Gallega, en colaboración con Manuel Lugrís Freire. É autor da peza titulada Non máis emigración (1886), estreada na Habana no ano da súa publicación, con música de Felisindo Rego. Subtitulada “apropósito lírico-dramático en dous actos e sete cadros”, a obra é unha forte alegación contra a diáspora. Con esta peza obtivo un sorprendente éxito de público e suscitou un intenso debate respecto á oportunidade e á necesidade dun teatro en galego. Posteriormente publicou un monólogo titulado Mexamorno en Viveiro (1914).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santa Marta de Ortigueira

  • Deceso

    Lugar : A Habana