Armendáriz Barrios, Juan Ramón

Armendáriz Barrios, Juan Ramón

Realizador cinematográfico español coñecido como Montxo Armendáriz. Comezou o seu labor realizando algunhas curtametraxes entre as que cómpre salientar Carboneros de Navarra (1981). Volveu tratar o mesmo tema na longametraxe Tasio (1984), producida por Elías Querejeta, principiando unha relación persoal entre director e produtor que se prolongou en 27 horas (1986), Las cartas de Alou (1990) e Historias del Kronen (1995). No ano 1997 dirixiu Secretos del corazón (1997), nominada ao Oscar como mellor película estranxeira, na que volta ao mundo da súa primeira obra, a Navarra rural dos anos sesenta vista polos ollos dun neno.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Olleta, Navarra