Arnold, Matthew

Arnold, Matthew

Escritor inglés. A súa poesía, moi da Época Vitoriana, distínguese pola influencia dos gregos, de Goethe e dalgúns contemporáneos. Entre outros, publicou o poema dramático Empedocles on Etna (Empédocles no Etna, 1852), dúas series de Poems (Poemas, 1853 e 1855) e a súa poesía completa (1869). Os seus Essays in Criticism (Ensaios sobre o Criticismo), a obra que máis sona lle deu, son fundamentais na crítica inglesa. Elaborou un concepto persoal da cultura, afastado do prerrafaelismo. Escribiu tamén estudos sobre temas políticos e relixiosos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Laleham, Middlessex

  • Deceso

    Lugar : Liverpool