aroma
(
-
s
m
Recendo de certas substancias (plantas, froitas, etc) das que emana espontaneamente, por cocción ou torrefacción, ou por cremación. O aroma propio de certas plantas está orixinado por evaporación de principios aromáticos volátiles, os aceites esenciais, concentrados por secreción en pétalos, froitos, cortiza, etc. O aroma dos alimentos e das bebidas é un factor moi importante na valoración da súa aceptabilidade subxectiva, porque, xunta o gusto, a causa do seu sabor característico.
Ex: Gústame o aroma deste xardín.
Sinónimos: perfume, recendo. Antónimos: alcatreo, cheirume, fedor, peste, pestilencia. -
s
m
[QUÍM]
Conxunto de compostos químicos volátiles característicos dunha substancia que ten a propiedade de producir o olor que lle é propio. A investigación científica segue os camiños seguintes: a cromatografía gasosa para separar os compoñentes volátiles que se atopan en moi pequenas concentracións nos produtos naturais; a obtención do aroma natural completo por destilación ao baleiro da substancia aromática e condensación dos volátiles a moi baixa temperatura; a obtención dos compoñentes individuais condensando as fraccións obtidas por destilación fraccionada ou cromatografía gasosa preparativa e a identificación destes mesmos compoñentes por espectrofotometría infravermella, resonancia magnética nuclear, ou por outros sistemas; a obtención por síntese dos compostos aromáticos individuais; a busca das substancias precursoras do aroma e dos enzimas que interveñen na súa formación. Todas estas técnicas precisan o complemento dunha valoración organoléptica. A complexidade do aroma é xeralmente moi grande. Restan compoñentes, en pequenas proporcións, que aínda non se descubriron.
-
s
m
[ALIM]
Sensación natural dun viño que procede das uvas (aromas primarios), da fermentación (aromas secundarios) ou da crianza (aromas terciarios). Sensación positiva que se percibe de calquera preparación culinaria.