Arp, Hans
Arp, Hans
Escultor, pintor e poeta alsaciano. Formouse en Weimar e París. Expuxo cos abstractos e cos superrealistas, e participou no movemento Dadá en Zúric, 1915. Cunha simplicidade orgánica e con títulos poéticos, creou unha abstracción biomorfa. A súa escultura transformou os medios de expresión. Obtivo diferentes premios: na Bienal de San Paulo (1952), de Venecia (1954), etc. Escribiu poesías e textos dadaístas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Estrasburgo -
Deceso
Lugar : Basilea