Árpád

Árpád

Duque de Hungría. Xefe das tribos húngaras cando se estableceron na rexión que logo tomou o nome de Hungría. Con el comeza unha dinastía de gobernantes (889-1000) que fomentan a cristianización e sedentarización. Árpád é protagonista de moitas cancións populares e lendas húngaras.