arrebato

arrebato

(< ár ribāt ‘ataque’)

  1. s m

    Axitación repentina causada por unha emoción violenta, que provoca a perda de control sobre os propios actos.

    Ex: Abandonou o seu traballo por consecuencia dun triste arrebato.

    Sinónimos: arranque, arrinque, arroutada, arrouto.
  2. s m

    Estado do que se sente atraído de forma irresistible por algo ou alguén.

    Ex: Un forte arrebato levouno a mercar ese cadro.

  3. [DER]
    1. s m

      Estado psicolóxico que produce un ofuscamento momentáneo da intelixencia e un debilitamento da vontade, inclinando a persoa ao delito; por esa razón, considérase, xunto coa obcecación, circunstancia atenuante da responsabilidade criminal no dereito penal.

    2. arrebato e obcecación

      Termo empregado para designar unha circunstancia atenuante da responsabilidade criminal.