Arrebato

Arrebato

Filme producido en España no 1979 e dirixido por Iván Zulueta e interpretado por Eusebio Poncela, Will More, Cecilia Roth e Marta Fernández-Muro. Explora as relacións persoais que se establecen entre José Sirgado (Eusebio Poncela), un realizador de películas de terror de ínfima categoría, a súa examante Ana Turner (Cecilia Roth), e Pedro, un individuo que se dedica a rodar constantemente a vida cotiá coa súa cámara. A obra amosa unhas curiosas interconexións entre o cine e o vampirismo.