Arrieta, Pedro de

Arrieta, Pedro de

Arquitecto mexicano. En 1694 era arquitecto do Santo Oficio. Dirixiu xunto con Xosé Durán as obras da basílica de Guadalupe (1695-1709), que segue as estruturas de Bramante. Na igrexa da Profesa (1714-1720) sobresae a complexa ornamentación exterior. Tamén son obras súas o convento do Corpus Christi (1724) e o grande edificio da Inquisición (1724), ambos os dous en México. É unha das grandes figuras do barroco americano.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : México