Arruda
Arruda
Familia de arquitectos portugueses oriúnda de Évora. Os principais membros son os irmáns Diego Arruda (Évora ? - 1531) e Francisco Arruda (Évora ? - 1547), que colaboraron con frecuencia en diferentes obras. Do primeiro cómpre salientar a nave e a sancristía do Convento de Cristo en Tomar (1510-1513), onde se atopan as fiestras de estilo manuelino. En Marrocos construíron fortificacións e recibiron influencias da arte autóctona. En Lisboa, Francisco dirixiu entre 1515 e 1519 a construción da Torre de Belém. Na cidade de Évora exerceron cargos arquitectónicos oficiais. Están considerados como as figuras máis importantes da arquitectura manuelina.