ars nova*

ars nova*
[MÚS]

Segundo período da escola polifónica occidental. O nome ten a súa orixe no título que Philippe de Vitry lle deu ao seu tratado de notación (1320). A seguinte figura que dominou este período foi o compositor Guillaume de Machaut, iniciador do movemento que conduciu ao moderno sistema tonal. A ars nova apareceu tamén en Italia cun sistema propio, pero cara ao ano 1350 Francesco Landino e os seus contemporáneos implantaron un sistema mixto coa adopción dalgúns principios da notación francesa.

Palabras veciñas

Ars magna | ars moriendi* | Ars Musicae | ars nova* | Arsaces | arsacetina | arsaciano -na