ars moriendi*
ars moriendi*
Título xenérico dalgúns opúsculos ascéticos aparecidos a finais da Idade Media. Conteñen exhortacións, pregarias e ilustracións para preparar unha boa morte. Constitúe un xénero literario didáctico-devocional destinado tanto a leigos como a clérigos, que influíu en Dióniso o Cartuxo e en Erasmo. Destacan o de Jean de Gerson, Nicolao de Dinkelsbühl e Thomas Peunter. O máis famoso, interesante polas xilografías que o ilustran, é o impreso en Alemaña (1465?), baseado nun libro holandés (1450?) ou nun conxunto de gravados, conservados en Oxford e asinados polo mestre ES.